A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




¿NUNCA MAIS? SEMPRE MÁIS!

... SEMPRE MÁIS!

Vexo o voso enoxo, e crédeme que o comprendo.
Mais a miña intención e falarvos dende outros ollos.

Ogallá, ogallá que NUNCA MÁIS os vómitos das oxidadas naves do ouro negro doan  nos nosos ollos, ogallá...

Non obstante, vou berrar SEMPRE, SEMPRE MÁIS!
Porque no infinito equilibrio do mundo, non hai enerxía negativa ( catástrofes, miserias, desatres...) que non se sosteña con outra dose de positiva enerxía ( bendicións, agasallos, despertares...)

É así, que o Universo mantén o seu equilibio.

E foi, tamén, o asunto do Prestixe( semella tamén que prestixio) un agasallo, un despertar na conciencia.

Aprendimos, Recordamos, que somos imparables, que sempre o fomos, e seguiremos sendo.

Nacións enteiras, man a man, xuntáronse por unha mesma causa:
 limpar  fiche, baldear merda, limpar bágoas, en definitiva axudar a Gaia, á nosa Nai Terra.

Aprendimos ser capaces de xuntarnos, de convertirnos nunha conciencia global de axuda desinteresada.
Recordamos que tódolos ollos choran e que tódalas cores e razas poden traballar xuntas.
Aprendimos a importancia de coidar o fogar que é o planeta.
Recordamos que formamos parte de planeta.
Aprendimos que , sen medios, a nosa creatividade global desperta, e fomos capaces de arañar petróleo a culleradas.
Recordamos que a Vida, tamén pode morrer polos nosos actos.
Aprendimos a ser un, a loitar unidos, e dar a man, a facer cadéas fortes, entre as persoas, que serven para unir.
Recordamos que PODEMOS!

Por iso, hoxe, sentindo os latexos dun corazón que despertou entre a máis densa e petrolífera oscuridade,
berro SEMPRE MÁIS,
porque poderán seguir a intentar emporcar a VIDA, que seguiremos a limpar e a limpar, e a limpar...
porque poderán seguir a intentar enfermar ó noso medio, e seguiremos a sanar e a sanar, e a sanar..
porque poderán seguir a intentar xerar odio entre nós ( In dubio pro reo da recente sentenza) que seguiremos a amar e a coidar o noso planeta, seguiremos cruzando continentes para dar ás nosas máns, seguiremos compartindo con  Nai Terra  o noso respirar, e cos nosos iguais os nosos latexos, e seguiremos a amar , e a amar, a amar e amar...

 PORQUE A VIDA, COMO O AMOR SEMPRE MEDRA,...

e eles non poderán, pero nós PODEMOS!

SEMPRE MÁIS UNIDOS
SEMPRE MÁIS CONCIENCIA
SEMPRE MÁIS LUZ
SEMPRE MÁIS PAZ
SEMPRE MÁIS AMOR
SEMPRE MÁIS...