Seguramente, un concerto para o recordo...
Entretanto...
Mentras agardamos a que o mar torne benevolente e nos agasalle con algunha ondiña, puxenme de repaso blogueiro, descubrindo algún blog novo, e lendo entradas antigas dos blogs habituais.
Neste pasatempo atopei cunha vella entrada no blog de Dani Almeida ( espero que pronto nos obsequie coa súa crónica do seu viaxe alén do atlántico) e cunha foto que me invitou a escribir un relato corto.
Agardo que vos remexa a mente
ANTERGO
No medio do río, entre tódolos rapaces, o neno berraba:
- ¡Son o máis forte! ¡Son o máis forte!
- Gael ¡Imos! - Sentenciou o avó.
Neto e avó deronse a mán e comezaron o camiño de volta para casa.
Cada vez que o neno intentaba dicir algo, o avó apretáballe a mán con forza.
Unha e outra vez.
O neno calaba.
Chegando ó lugar, antes de entrar na casa, mirou ó neto ós ollos e apretoulle as mans con firmeza:
- "Forte, non significa invencible".
Gael chorou.
O avó foi coller leña.