A amiga de Gael, a nova veciña do pobo, so estivo no verán.
En setembro, volveu a cidade a estudar.
Viña tódolos verán a aldea, e tamén nas festas importantes, pero Gael nunca se fixara nela.
Este ano, como tódolos anos, acompañou ós seus pais polo día de defuntos.
Atopou con Gael no ceminterio, e mentras os maiores dedicaban o seu tempo a poñerlle frores ós homes e mulleres xa idos, os nenos admiraban as frores.
Escoitaba Gael:
- Encántanme as frores, o seu aroma, os seus colores - falaba ela- .Encántame saír na maña cedo a ulilo seu perfume. Encher os meus pulmóns coa súa esencia, quedarme perplexa durante horas admirando a perfección das rosas, as curvas dos caraveis, os pistilos das frores de pascúa...
Encántame a natureza, o olor da herba verde recén cortada, o frío do bosque nas sombras de outono...
Mirou o seu reloxo.
- Qué tarde é Gael! Teño que marchar.
E saíu correndo para casa mentras Gael observaba como ela corría entras os montóns de follas secas do outono...
--><--
Gael despertou cedo, almorzou e foi dar unha volta a ver se "por casualidade" Ela, andaba pola rúa.
Foi pola praza do concello, polo parque e polo río. Nada.
Decidiu entón achegarse a Igrexa, e cruzando o ceminterio, oiu ruido de cristais.
Pegadiño o muro, silencioso e con cautela decidiu aproximarse a ver que acontecía.
O sorriso de Gael precipitouse o chan como pedra que cae o mar dende o cantíl.
Os seus ollos, abertos ante aquela estampa, inundabanse de bágoas, Gael non comprendía.
Quietiño, intentaba pensar con claridade, pero so lle viñan a mente as últimas palabras que Ela lle dixera:
- " ... encántanme as frores..., encántanme as frores..." - repetía a súa cabeza sen parar -"... encántanme as frores..."
Mirou de novo cara o ceminterio tras escoitar novamente un crital rachar.
Non podía crelo, non comprendía nada, non se atrevía a moverse nin un pelo, tampouco se atrevía a chorar, pero as bágoas saían soas...
Secou os ollos como puido e mirou novamente intentando comprender.
Ela estaba alí, soa.
A súa cara, os seus xestos , eran o reflexo dunha persoa que Gael non coñecía.
Non entendía.
Alí estaba Ela, rachando os centros de cristal que as familias levaban na honra dos seus defuntos, esnaquizábaos lanzandooas contra os sepulcros, logo collía as frores e lanzabaas de novo contra as tumbas.
Pisabaas, saltando con rabia sobre elas, machacandoas co pe, co talón, retorcendo o nocello para exprimirlas ben facendoas sangrar...
" ... encántanme as frores..." repetía mirando ó chan a cabeza de Gael. Os seus ollos choraban e os seus pes, púxeronno de camiño á casa, desolado e perdido, coa pena rompendolle a espalda nun escuro e nubrado día de defuntos...