A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




Son fillo dos fillos do éxodo rural

Son fillo dos fillos do éxodo rural.
Familias removidas da terra cara as capitais de provincias porque no campo xa non quedaba educación, porque nas cidades a vida era mellor e porque o medo a quedar pobre e sen futuro non axudaba a aguantar situacións de fame en tempos de Franco.

Son fillo dos fillos do éxodo rural.
E quero deixar escrito o meu agradecemento a tódolos fillos do éxodo rural... diantres! que ben o fixestes.
Tivestevos que adaptar a un novo homosistema,  a unha xungla de asfalto onde as presas, e non as de sal,  comen os nervios e a alma.
Tivestedes que sobrevivir co xusto, aprendestedes a vivir co xusto, co suficiente, co mínimo, porque non había, pero tampouco facía falta máis para seres felices.
Gozabades, comíades , bebíades e cantabades xuntos, coñecidos e descoñecidos, falabades, conversabades en bares e tabernas cun simple churrasco e viño peleón.
Diantres! Que ben os fillestes
Que ben os adaptastedes!!
Sodes os fillos do éxodo rural, coa fuxida dos campos, e coa pobreza encheronse as cidades de humildades e humanidades, de xentes, de persoas. Aprendistedes a aplicar nas cidades todo aquelo que sen sabelo aprendérades nas leiras... aínda recordabades que debaixo do asfalto había terra viva.

Son fillo dos fillos do éxodo rural.
Xa nacín no asfalto, son "urbanita" se por iso podemos enteder nacer nun pobo( e para mín pobo é una das palabras máis bonitas da lingua [ pobo, o pobo, ¡O POBO! Ti e máis eu, Nós, todos xuntos... O POBO!! ] disculpen o escape mental) , que por ser o máis grande  da provincia , e tamén o mellor situado no cruce Norte-Sur, Este-Oeste, acabou sendo capital e con tempo cidade e con máis tempo, urbano.

Son fillo dos fillos do éxodo rural.
Por sorte , nesa gran cidade de espírito nobre, as leiras estaban ó lado dos barrios, as fontes eran sitios máxicos onde despois de ir andando ou xogando coas bicicletas , a vida manaba e tragábamos auga con sede por xogar.

Son fillo dos fillos do éxodo rural
E aínda os valores , a axuda , a comunidade e a fé, víanse nos maiores, porque naqueles tempos, os maiores tamén formaban parte da sociedade e non se crearan todavía esas microsociedadesempresariais( leánse asilos ou centros de día, con tódolos meus respeto á labor fundamental que fan nesta desnortada sociedade) onde encerralos porque "van a estar mellor".

 ¿lonxe da xente que aman??
¿sabendo que a vida vaise, que cada ano cumprido está máis próxima a despedida?
¿sabendo que o mellor non van poder despedirse?


Son fillo dos fillos do éxodo rural.
E aprendín a sobrevivir no urban, pero o meu ser faime mirar cara o rural,
 que son máis de campo que as amapolas vaia!
E descubro que temos que volver a aprender a vivir COA terra, e non da terra.
Descubro que aínda se pode, nos recunchos das cidades onde  crecen malas herbas, volver a prantar e sacha-la vida, que a natureza vive en abundancia, e que as corporacións municipais, as que pensan no futuro e volven a recuperar as boas maneiras do pasado, merecen todo o meu respeto.

Son fillo dos fillos do éxodo rural
E  sentindome da terra
aínda teño moitas cordas fiadas coa cidade,
 e na búsqueda, na comprensión da Unidade,
descubro que tódolos mundos son posibles,
e se buscamos a forma de unir
o mellor de nós
e vencer a dualidade,
todo pode ser posible,
 todo pode ser verdade.

mou de lugh


Con todos vós,
 a foto da primeira colleita do horto urbán que me prestou en concesión o concello
:)