CASTREXA
Unha corda, un balón,
unha conversa,
táboas de madeira
e notas musicais voándoa,
voando ó carón dela.
Éramos cativos
cativos que xogaban,
que xogaban ó redor dos alambiques,
dos alambiques que mordían
os perfumes de augardente.
Éramos nenos xogando,
xogando a correr nos patios
que destilaban os restos do bagazo
nunha inocente infancia:
nós, os nosos pais e os seu regazo.
Unha corda, un balón,
unha conversa,
táboas de madeira
e notas musicais voándoa,
voando ó carón dela.
Bolboretas voando en DOurado
voando en REcordos
voando en MIL contos
Bolboretas voando en FAmilia
en SOLsticios
en LAvandas
en SIlencio.
Unha corda, un balón,
unha conversa,
táboas de madeira
e notas musicais voándoa,
voando ó carón dela.
Foise o mundo,
ficou no meu recordo
na miña mente non deixou de ser pequena...
mais no sagrado bosque
cos lustros pasados, atopeina:
Eu era vikingo,
e ela, convertírase en castrexa.
¿ Quen poidera retomar os xogos da inocencia
e morder alambiques
e agariñar bagazos
e destilar peles morenas?
Unha corda, un balón,
unha conversa,
táboas de madeira
e notas musicais voándoa,
voándo ó carón dela...
Publicado por
mou de lugo