A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




A borrasca

Mentres o neno tentaba durmir, falaba o avó de tempos pasados:


- "Recordo aquela borrasca. Chegou case por sorpresa. Esperabamos que entrara pola tarde, pero o final, retrasouse e atacou á costa na noitiña. E menos mal, porque os mariñeiros estabamos a faenar na mare, e nese respiro que deu o temporal, deunos tempo a chegar a porto.
Na maña, o espectaculo era incrible. As ondas cruzaban a ría e algunhas case semellaban querer ser pontes tentando xuntar ambas costas.

A espuma pintaba de branco toda a superficie da bahía.
Orzán, Riazor e o Matadero quedaron afogadas pola marea.
As ondas rachaban coa forza de quen se sabe imparable e algunhas, tras rachar nos cantís, tentaban mollar o reflexo da luz do faro.
Nós, os mariñeiros, estabamos no porto contemplando como a forza da natureza penetraba ata San Antón, e como o dique protexía os aparellos de pesca.
No porto as augas mansas daban serenidade a xente do mar, templaba os nervios de quen chegara a porto a noite anterior co temporal enriba, e mantiña unha paz inadecuadamente calma.


Os veleiros movianse suavemente, susurrandose entre eles co son producido do roce das súas madeiras, lamentanbanse as veces, por estar presos na súa propia liberdade, disfrutaban outras, do simple pracer de voar estáticos sobre o oceano..."


Gael quedara durmido.



O avó arrimoulle a colcha e acurrucouno.



Logo foi a por leña...