Como moitos nenos, Gael precisaba dunha luz fora do cuarto para poder durmir.
A luz da sala entraba sixilosa no cuarto de Gael a través da porta entre-aberta.
A luz da sala era tenue, limpa e tranquila.
Gael gostaba de mirar para ela cando non podia durmir.
O avó cerrou o tiro da cociña, apagou a luz da sala e foise a durmir.
- Avóo, avóo...-susurrou Gael.
- ¿ Que ocorre Gael?
- Non podo durmir, deixame encendida a luz da sala,porfa.
- Gael, teste que acostumar a durmir co a luz apagada.
- pero non podo...
- ¿non podes?¿non podes porque?
- Teño medo avó.
- ¿ medo?¿medo de que Gael?- preguntou o avó preocupado
- De Deus - dixo Gael timidamente.
- De Deus??- sorprendeuse o avó.
Gael escondeuse debaixo da sabana e explicoulle o avó que tiña medo de que Deus se lle aparecera na noite. Deus , Xesús, María, ou calquera luz na escuridade que poidera "aparecer" metianlle o medo no corpo a Gael.
O avó sabía que era normal, son medos de nenos. Medos sociais. Medos que nos meten no corpo e que as veces non sabemos que temos, medos inconscientes e inmaduros, pero no fondo, medos normais para un neno da idade de Gael.
- "Gael, ese medo que tes de atoparte con "Deus" é o que che impide darte conta de que Deus non vai aparecer porque en cada segundo de vida, Deus xa está diante dos teus ollos."