A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




Gael. O paxaro



A auga caía de novo sobre a terra. Os homes seguían traballando as leiras e as mulleres xa tiñan preparada a casa para as novas colleitas. Era primavera e os paxaros transformaban a aldea nunha verbena natural.Gael seguía medrando.

- Gael, ves aquel paxaro?

Lanzou a vista o ceo e asentiu.

- Non o cazarás nunca
- Como que non! Podo colle-la escopeta e matalo.- respondeu Gael airado.

- Podes intentalo. Ir ata a casa, busca-la escopeta, cargala e voltar, mais...
¿como has saber se o paxaro o que disparas e o mesmo que está a voar agora?

Gael quedou absorto na danza celestial que as inmensas ás pintaban entre as nubes.
Non atopou resposta pero atopou outra posibilidade.

- E se lle poñemos froitos velenosos preto do niño?

O avó silencio a Gael coa sabedoría da súa mirada.
Sorriu o ver que Gael medraba conforme comprendía e falou:

- Gael, non precisas dispararlle, non precisas envelenalo. O paxaro é paxaro e non poderás cambialo. Debes aceptalo. Aínda no caso de que o atraparas con vida e o enxaularas, él seguiría intentanto voar, intentando saír do cárcere e intentando voltar o ceo. Seguiría movendo as ás , ¡ata o punto de destrozalas! e sen perder a súa esencia, seguiría loitando por saír da súa prisión. Podes darlle alimento e estaraslle dando máis e máis forza para que o siga intentando. Non poderás dominalo.
Mira ben Gael, os paxaros son libres e son libres porque viven na verdade da súa esencia e
dende a túa esencia, se a comprendes , non podes capturalo.
Dende a verdade debes comprender que os paxaros nacen para comprender as súas ás. Igual que os homes nacen para comprender a súa esencia.
Só dende a mentira, dende a superioridade tecnolóxica ou dende a trampa podes capturalo se se deixa; e aínda que o limites, que o ates ou creas que podes negalo, en canto o paxaro poda, ó ceo sairá voando.

O avó fixo un silencio e mirou de novo o ceo.

- Non o cazarás nunca Gael, porque non precisas cazalo...


mou de lugo