"Para mis queridos DIVERSOS, para el equipo promotor de la marcha por la paz y no violencia gallego-portuguesa y mundial, para todos los que buscais la paz fluyendo en la tierra, en el mar o en el cielo.
Para QUENQUEIRA...
Comparto con vosotros este manifiesto hecho en el 2003 con motivo de la Guerra de Irak.
Desgraciadamente, este mes se cumplieron 6 años del comienzo de la guerra.
Desgraciadamente, hay cosas que perduran en el tiempo con la validez del primer día.
Ojalá este pequeño manifiesto, se quede pronto obsoleto."
PAZ.
Paz para todolos meus irmáns e irmás Paz no nome de Deus; Paz no nome de Alá, no de Yaveh, no nome de Jehova, Paz no nome de todolos deuses .
Paz tamén no nome do deus laico e no nome do deus ateo.
Paz no nome do deus do amor, Paz no noso nome.
Hoxe coma os dias anteriores, e como os dias que desgraciadamente quedan por chegar, proclamamos un rotundo NON A GUERRA, nin a esta, nin a outra, nin as que saen na televisión, nin as que non saen, nin as que buscan a guerra, nin as que “ buscan a paz”, nin as que acontecen a miles de quilometros , nin as que comezamos cada día o noso arredor... NON A GUERRA.
Porque ningunha guerra é boa, porque ningunha loita trae a ledicia e porque as mortes dos inocentes nunca serán o comezo das vidas dos vencedores.
A paz non entende porqué se precisa ser de esquerdas ou de dereitas para defendela.
Non entende porqué é tan descoñecida cando se soña dende fai tanto tempo, porqué ten que existir por causa de palabras como guerra, violencia, loitas, sangue, asasinos, dictadores, xenocidas... e ser dependente delas.
A paz non entende de partidos, de diñeiro, nin de etiquetas. A paz so pretende a felicidade de todos, mentres que a guerra, só busca a felicidade duns poucos;
A felicidade de aqueles covardes que unicamente teñen a forza das armas e das mentiras, a forza do egoísmo e do interés; a forza da avaricia.
Non queremos vivir nun mundo onde a paz quede restrinxida só para aqueles que sexan capaces de defendela cun poderoso exercito de escravos, nun mundo onde a paz sexa un recordo dun tempo pasado, aquel q din “ q foi mellor”.
Pedimos que ese mundo mellor forme parte do futuro e non do pasado.
Queremos que os nosos fillos poidan vivir tranquilos e libres, e non afogados polo peso de ter que arrastrar un misil para poder vivir en PAZ
O que queremos e PAZ
Non queremos guerra
O que pedimos e PAZ
Porque non queremos loitar en batallas sen senso.
O que desexamos e PAZ
Porque queremos VIVIR
PAZ para todos,
PAZ para nós, por pedila, por reclamala...
PAZ tamén para as victimas do odio, para aqueles que morreron gritando: ¡PAZ!...e tamén PAZ para os que por desgracia cren que a encontrarán loitando.
Paz para todos.
Paz por sempre.
E por sempre NON A GUERRA… Alberto Mouriño . Lugo. 2003