A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




Nova estafa na cociña!!

A fogo lento, despaciño e sen nos avisar, estase a cociñar un novo modelo contaminante: OS BONOS DE CARBONO.

Disque a ultima moda do sistema, a ultima invención especulativa, pasa por seguir vendendo fume e convertir ás emisións de carbono nun producto de mercado regularizado pola lei da oferta e da demanda.

Independentemente das crenzas de cada un sobre a existencia ou non dun cambio climatico creado ou non pola polución humana, vexo que o problema efectivo non é reducir en maior ou menor medida as emisións de carbono, senón que con este tipo de medidas manteñense sistematizadas as difencias economicas e culturais( un pobo desinformado e con poucas preocupacións educativas)para retroalimentar a un sistema inxusto e desigual baseado na propiedade privada dos bens publicos como son os alimentos (outro dia falaremos da soberanía alimentaria) a auga ou o aire.

Dito doutro xeito, os que máis teñan, máis poderán contaminar.

Continúa a gran mentira do sistema...
a minoría que máis ten, ten o poder de decisión e dirección sobre persoas, partidos, e gobernos...

Toda esta parrafada que acabas de ler, ven á razón dun video que acabo de ver sobre o "CAP&TRADE" (agora cho explican no video).
Con respecto ó tema dos bonos, polo de agora é a primeira noticia que teño o respecto.
Sen embargo gustoume o video, porque sexa ou certo ou non tan certo, a min xa me fixo pensar un pouquiño.

¿Ti que opinas?

The Story of Cap & Trade (galego) from zcminhoca on Vimeo.