Chega a fin do ano económico, que a fin de contas, é o que nos regula.
O calendario marca á hora de peche de libros e balances, marca datas de inventarios, tempo facer ben as contas anuais.
Analizar o debe e o haber e calculala rentabilidade do ano.
Cumprir a legalidade.
Chega a fin do ano.
E tempo de distinguir os feitos dos soños.
Observar as consecuencias dos primeiros e considerar as oportunidades de acadar os segundos.
Comparar os recursos cos que contas neste momento para individualizarte, para entenderte, para na tua responsabilidade, sen influencias, tomar a TUA proxima decisión.
Descompoñer os grandes riscos en pequenos pasos para ver mellor os baches e as curvas (unhas con mais visibilidade que outras) do teu camiño.
Das 23:59:59 ás 00:00:00
morre un segundo, un minuto, unha hora, un día, un mes, un ano...
Das 23:59:59 ás 00:00:00
Nace un segundo, un minuto, unha hora, un día, un mes, un ano...
Un segundo é tempo suficiente...
Nun segundo MORRES E RENACES
Esta noite os medos e ilusións compartirán cea contigo.
Os temores do "cambio de ano" brindarán delirios de cristais coas fantasías futuras.
O pánico polo que traerá o ano novo, contará cuartos co asombro das cousas asombrosas que atoparás no novo ano.
O espanto polo descoñecido comerá a primeira uva e as utopías da imaxinación alimentarán á última badalada.
É tempo de reflexión.
De analizar e sorrir co que xa fixeches, e tomar boa nota do aprendido.
É tempo de imaxinar futuras correrías
tempo de saber que todo comeza hoxe,
porque hoxe é o primeiro día do resto da túa vida...
Saude e boas ondas na praia e na vida para o 2010!!
NINGUEN