Motivado por algunha que outra pregunta asociada á miña poetica, respondo:
Sinceiramente, descoñezo as fontes orixinarias da miña escrita.
Os poemas saen, as palabras flúen , logo serán retomadas, reeditadas, revisadas pero nacen nun momento concreto representando nese instante, o presente do meu universo.
De continuo temos a necesidade/obriga de tomar decisións, pero esa obriga ven acompañada dun dos mellores agasallos: a intuición.
É como unha flechiña que te indica por onde ou por onde non ir.
É unha luceciña que nos indica onde poñer o seguinte pé..
É unha chispa!!
Cada poema é un paso. É o camiñar, é a propia evolución.
En cada poema experimentome coa realidade material e inmaterial que me rodea nese momento concreto.
En cada poema retroalimentome a min mesmo nas súas/miñas propias verbas.
Verbas que saen e verbas que entran
Cada poema é un gran que alimenta
O poema educa, crea mundos e universos, alimenta á consciencia e a autoconciencia
Rompe imaxes e crea unións .
Define estructuras, deformaas, reestructuraas.
Cada poema é unha parte da nada que forma o todo das circunstacias.
As veces, o poema ( o seu entendimento) rematará nunha agradable sesta, outras nunha longa e lenta dixestión.
Cada poema é unha gotiña máis.
Cada poema é esa gota que enche o vaso, para poder seguir medrando