a de Atoparte co teu Renacer.
O milagro do Xenese non habita lonxe de ti.
A creación do mundo, do teu mundo, está na túas propias mans, no teu corazón e o teu renacemento, no teu interior.
Maña ó despertar terás de novo una oportunidade excepcional.
Has de saber que TI es o creador da túa vida, TI quen decides como vivila, TI quen decide como abrirte ou pecharte ante os demáis. Has de saber que tamén ti, en última instancia, es o responsable, a causa e a consecuencia do que fas e do que deixas de facer.
Vives a diario queixandote do que non fan ou do que fan os outros, desviando a túa atención dos actos que ti mesmo realizas. Vives a diario protestando do inxusto que é o mundo, da pouca axuda que recibes, do mal que estan as cousas...e mentres sigas pensando asi, sintocho ben pero as cousas seguiran indo mal. Creando ese tipo de pensar, o poñer os anteollos da queixa, o que os teus ollos verán serán inxustizas e muros. Pon os lentes do agradecemento e da entrega!
"As cousas" non toman decisións. "As cousas" non deciden, TI sí.
"As cousas" son froito do teu camiñar, do teu traballo, dos coidados que teñas co teu Xardín. Costa anos manter un ritmo correcto de sementeira e recolección, mais so unha mala tormenta ou unha ira inexperada no momento inadecuado para estragar toda a colleita. Se paciente.
Ninguén dixo fácil...Porque facelo facil, se o podemos facer dificil?
Aseguroche que o camiño dificil é duro, pero está cheo de intensidade, cheo de emocións , experiencias e aprendizaxes.
O camiño Real , pasa por camiñar sen presas. Son moitas as etapas que terás que recorrer( aqui non hai atallos) e estarán repletiñas de interesantes retos e perigos . Mais so camiñando sen presa, terás tempo para disfrutar do camiño. Un aroma , unha aperta, un bico inexperado son sorpresas que só estando atento e disposto a recibirlas faranche desfrutar de momentos plenos de pequenas loucuras.
Coñeceras no tempo a outrxs viaxeirxs.Compatiran os seus medos, as súas victorias , as súas penas. Seguirán camiñando.
Descubrirás no compartir que todos somos iguais: choramos, temos manías, caprichos ou costumes, que non nos fan mellores nin peores, pero si que nos definen ante nos mesmos e ante os outros.
Aprende do que outros viven, comparte o teu vivir pero recorda que es ti quen defina a calidade da experiencia.
Cando tomes a decisión, non tomes tamén as dúbidas.
Se optaches por camiñar, non ten sentido querer vivir as experiencias dun camiño que non estas a recorrer.
Respira con calma, se te atopas nun cruce mantence nel o tempo que precises ata estar preparado para continuar o camiño.
Unha vez consumada a decisión sorríe por terte decidido e non chores polo camiño que deixaches atrás.
O teu tempo é mais valioso cando é compartido, abrete ó mundo e o mundo abrirase para ti.
Sonrielle a vida, e a vida sonreirache como xamais puideches imaxinar.
Hoxe , antes de durmir, mira o teu redor e con sinceridade preguntate se estás no camiño que che fai mellor..
Maña , cando acordes, se así o decides, poderás desfrutar dun novo despertar.
Mou de lugo