A LA SOMBRA DE LAS PALMERAS....

El Buen Oasis existe sólo ahora

Mañana las dunas serán otras, igual que otras serán las olas que ya no cogeremos.

El buen oasis es un estado para desconectar del tiempo y del espacio.

El buen oasis es ese estado en el que tienes ganas de reír , saltar , gritar, llorar...
ese estado en el que de repente eres consciente,

Eres AMOR , eres sólo energía
y
fluyes elegante!




Gael. Unha mirada

Gael saíu o patio.
A día era gris, como todos os días dese verán atípico, pero xa era hora de saír a disfrutar da vida, das vacacións, das responsabilidades libremente escollidas en tempo estival. Tempo no que aínda o curso intúese lonxe e cada neno e dono libre do seu tempo.
O espíritu do neno levaba tempo triste, baleiro, refuxiado entre as pedras dos grosos muros da casa do avó, quentándose na lareira, pero sen a forza da luz do sol.

No patio, algunha raiola tímida iluminaba as margaridas.
Ela estaba sentada nun balastro de madeira, Gael achegouse un pouco, quizáis pola curiosidade de saber quen era esa nova veciña.
Era verán así que podía ser familiar de calquera das casas próximas da aldea.


Miráronse...
Por aquel tempo, Gael todavía non comprendera aquelo de que os ollos son o reflexo da alma, pero non tivo medo a quedar inmóvil, coa mente en branco, perdéndose nas retinas transparentes daquela nena.
Miráronse...
Aqueles ollos, aquela mirada irradiaba unha enerxía tan poderosa que Gael, sen comprender, non podía deixar de mirala. Eran ollos limpos, felices, comprensivos.
Miráronse ...
Eran ollos claros como a auga e tamén profundos , pero non desa profundidade escura que da medo, senón desa profundidade que permite manter a mirada fixa e nutrirse da súa calma.
Como cando Gael quedaba a mirar para a auga escura do fondo do pozo da horta do avó, sabendo que a auga do pozo aínda sen luz, fluía transparente.
Miráronse...


Pasaron as horas e chegou a medianoite, entre xogos de cativos, sen que ningún dos dous, fillos da inocencia, se percataran do que estaba nacendo entre eles, aquela noite de estrelas de agosto.

E Gael que levaba tempo encerrado entre os grosos muros da casa do avó, disque excusado pola chuvia que lle caía por riba, ou quizáis porque non tiña ganas de buscar fóra o que non lograba atopar dentro, deixou que o verán se deslizara sobre a súa pel , perdéndose o seu ser nunha mirada e atopándose, de súpeto, fronte o reflexo do súa existencia máis íntima.

mou de lugh