Seguimos esperando un pouquichiño mais de mar de fondo.
mentres tanto, fluír entre notas, lume e areas deixandonos levar pola vida e aceptando con maior ou menor agrado o que a vida nos trae. Nada maís por pedir tras remantar descansando moi comodamente xunto a Leo Toral en "Un sitio a sombra".
Iniciamos o fin de semana co
Concerto de Fresquiños na "FESTA PARTYCHAN"
Rober Pier nunha improvisación "Fresquiña! na festa!
Despois do concerto poidemos desfrutar dunha maravillosa churrascada feita a lume lento.
Con bo beber, bo manxar, boa xente e boa música as penas fanse menos penas.
"Porque canto e me divirto
dicen que non teño pena
mais a teño e a disimulo
como se non a tivera"
O anfitrión deixou ó mellor para o final da festa:
Ascensión nocturna (e moi oscura)polos montes de Loureda para rematar tumbadiños descansando nas altas penas dos cumios , abalando as pedras que gardaban o calor do día e tumbandonos na escuridade a observar a maravillosa visión dun ceo enchediño de estrellas fugaces...
Ó baixar ( todo en total escuridade porque ademais non había lúa) perdimos a un dos cans que nos acompañaba. Alá tivemos que volver para arriba a buscar ó pobre Roque. O pobriño esta bastante cego e despistase un montón... Toda unha experiencia a da segunda ascensión "en busca do can perdido"
Rematamos a noite rodeados do ambiente máxico do lume ardendo o son das cordas da guitarra e cos amigos desfrutando da vida " En la Hoguera"
E pasou o fin de semana acompañado da familia e amigos, sol e praia, e tras o durísisisismo ritmo de vida da "slow live" acabamos " Nun sitio á sombra" moi ben acompañados por Leo Toral e todo o seu equipo.
Cesar e Mou nos estudios da Radio Galega
Na Radio Galega xunto a Leo Toral
TESTE DE INTELIXENCIA
Para todos aqueles que queirades escoitar o programa de onte na web:
Ó programa no que estivemos chamase " Un sitio á sombra" peeero hai un erro na web da RTVG... deixovos as pistas para chegar ata nós!
1. Pincha no seguinte enlace: ( pon o rato sobre el, botón dereito, abrir en ventana nueva)
2. No horario buscar as 20.05. Aquí ta o erro. Ó lado da hora debería por " Un sitio á Sombra"
pero pon " Galicia en goles"
Tes que pinchar no altavoz que hai na dereita.
3.No novo cadro/ ventá que aparece tedes que ir ata o Dom ( domingo) e pinchar no altavoz que hay ó caron das 20.05.
4. Hay un minuto de noticias e logo xa comeza a nosa intevención.
Fixemos 4 temas ó longo de todo o programa.
Desfrutadeos!
Encantoume a experiencia da radio, era a miña primeira vez , e debe ser das poucas primeiras veces da miña vida na que non estiven nervioso :)
Existe todo un mundo agochado detrás dos altavaces que vemos cando escoitamos a radio.
Ó estar dentro daste conta do moito traballo que leva por detrás un programa de dúas horas, son moitos os papeis , moitos os tempos que hai que medir, moitos os sincronismos e os horarios, os cortes, os cambios. Todo ten que estar previamente preparado.
Pero o mesmo tempo non hai nada mellor que tendo todo preparado desfrutar do momento e da improvisación propia e necesaria que ten a radio , que ten a música en directo ou que ten a propia vida!
Gracias a tod@s os que fixestedes posible este fin de semana.
PURA VIDA!!