- Avó, quen é aquel home que esta
a berrar na praza?
- É o ermitaño.
- ¡¡¡ Quen ??
- O ermitaño, Gael
- Aaaaaah...- dixo Gael mirando con
aire de comprensión- ¿e iso que é?
- É un home que decidiu alonxarse
do mundo para buscar a felicidade. Vive aló arriba no monte, nunca
cova que hai
- ¿ e porqué berra?
- Porque cree que nós somos os
culpables da súa desgraza
- ¿que desgraza avó?
- Non che sei moi ben,
- ¿ e porque vive na cova?
- Porque cree que alí soíño é
feliz
- Pero está a berrar maldades avó!
- Xa o sei Gael. A xente deixou de escoitalo. Fai
anos cando decidiu marchar o monte, aínda que algúns virono como
algo extraño, outros apoiámolo porque comprendiamos que era o seu
camiño. Incluso no principio dábamoslle axuda cando no-la pedía,
sobretodo no inverno.
Pero a soedade máxima mata tanto ó
espiritu como o andar todo o día, de troula coa xente. E o seu
carácter cambiou. Foise aislando, o seu carácter foise
endurecendo, foise volvendo máis arisco, máis desconfiado... no
principio mantiña as formas e o cariño cos que lle apoiabamos, cos
que intentabamos saber del, como lle ía a vida alí, que cousas
facía, que lle gustaba... pero cada vez falaba menos, e máis
brusco, como se perdera o amor, pouco a pouco tamén foi perdendo o
contacto físico, non lle gustaba que a xente lle tocara e
altarábase cando lle falabamos das formas que tiñamos nos de ser
felices, na vila.
Co tempo o non falar, transformouse
nun non escoitar e non soubemos máis del durante anos. Logo un día
voltou, comezou a berrar cando os “de sempre” nos achegamos para
saber del, despois de tanto tempo... e case nos pega. Decidimos
deixalo libre, que berrara, que non fai mal a ninguén, só a si
mesmo. Só baixa unha vez o mes...
- E non lle vas dicir nada?
O avó comenzou a porse nostalxico
– Era un dos meus mellores amigos
Gael, cando tiñamos a túa idade, brincabamos nas leiras a roubar
nos limoeiros, pero todo cambiou Gael.... Gael? Gael?
Mentres o avó falaba Gael
correu ata onde o ermitaño.
O ermitaño calou. Mirou a Gael, e
saiu correndo como unha centella.
O avó de Gael foi cuestionado pola
cara de incomprensión do seu neto, mirou para o alto, cara o monte ,
seguindo coa vista o camiño que ía dar á cova, e coa tristeza de
que ve fuxir a un ben querido vello amigo respondeu:
- Quizáis a súa desgraza e que non
fuxiu para busca-la felicidade, senón por non escoitar á xente,
por non comprender ó seu mundo.Recorda Gael que nunca saberemos se o
ermitaño atoparou a ledicia, porque non tivo con quen compartila.
Mou de lugh