Era una das primeiras tardes de primavera na que, por fin, despois do longo inverno, os osos comezaban a quentarse e a sangue comezaba a despertar do seu letargo.
O sol calefactaba suaveciño .
Do inverno, quedaban retazos de brisas frías, sobre todo na sombra.
Mentres neto e amigos xogaban coa pelota no lugar, o avó preparaba a horta para a próxima colleita.
Gael estaba acostumado ó inverno. As tardes eran curtas e a volta á casa , sempre entretida ó carón do seu avó, producíanse non moito tempo despois de despertar da sesta.
Pero hoxe semellaba como se o avó non tivera tanta presa...
Gael andaba algo despistado.
Cada pouco buscaba un xesto do seu avó que lle indicara o momento de despedirse dos compañeiros, pero non se producía. Parecía como se o avó non se lembrará de voltar...
mais o avó vixíaba de lonxe ó seu neto vendo como ría, berraba e corría xogando cos amigos e xirando a mirada na horta cando Gael buscaba ó momento de que o avó lle indicara que era tempo de marchar.
O neto achegouse ata a horta:
- Avó, ¿ que hora é?
- É hora de desfrutar das novas cores da primavera, de arranxar a horta, de limpar as sombras que deixou o inverno- dixo con retranca- É hora de xogar cos nenos,vai Gael.
- ¿ De verdade? ¿podo?¿ non é moi tarde?
- Claro que podes, de feito agora é o momento. Vai xogar e divirtete, xa te avisarei cando remate...
Co sorriso do neno que non ten máis obrigacións que xogar e divertirse, Gael reincorporouse ó xogo.
O avó cun sorriso primaveral , foi coller leña.