Na sobremesa o avó gostaba de conversar cos seus amigos e estes de escoitalo, sabían que falaba pouco pero sabia moito e no pequeno pobo tiñan en gran consideracion o que pensaba. Gael, despois do xantar e dos xogos precedentes, prefería bota-la sesta arrucadiño no sofá, ainda que non sempre durmia...
- O pobo esta quedando sen pesca e sen mariñeiros, os nenos sen modelos e as escolas sen mestres. - falou o avó-... semella que os homes anda todos a esperar que veña o patrón entroques de empezar a remar xuntos...
.