- Avó, ¿porqué hai días nos que a avoa non se move?
- Gael, o noso corpo, o teu , o meu, o da avoa... igual que as cousas do mundo, non son eternos, senón que pouco a pouco imonos gastando , imonos oxidando coma se se nos foran acabando as pilas...
- aaaah ... - dixo Gael con cara de circunstancias.
- Tanto como ti precisas xogar co patinete cada tarde - continuou o avó- precisamos do corpo para FACER aquelo que nos gusta, aquelo co que sempre soñamos e co que sempre estamos a enredar.
O corpo é a nosa mais preciada ferramenta, o noso máis preciado templo, e debemos de coidalo.
Non debes preocuparte,ti xa o coidas mentras xogas; pero a avoa caeu enferma fai moito tempo, e o seu corpo comezou a non responder, Gael.
O corpo da avoa comezou a non facer o que ela lle pedía, como se comezara a quedar sen pilas.
Ca perdida de MOVEMENTO a avoa comezou a ficar parada, comezou a perder a chispiña que a mantiña activa, a chispa que a mantiña conectada ó mundo, conectada á alegría, conectada ás ganas de vivir.
O corpo, ó igual que a mente e o espírito, é unha esponxa por onde absorvemos todo o que nos chega de fora a través dos sentidos.
O corpo é unha fonte por onde fluimos de fora a dentro e de dentro a fora.
A través do corpo e dos sentidos creanse as emoción que nos fan sentirnos vivos.
A pena, a alegría, a melancolía, a esperanza...Somos EMOCIONS Gael;
E cando o corpo negános a capacidade de sentir ou cando intentamos negar a natureza das nosas emocións acabamos ficando parados, coma sen vida...
- Avó...
- ¿Qué Gael?
- Non entendín nada...